O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, puxo en valor os logros sanitarios acadados na sanidade galega desde hai 25 anos durante a inauguración da exposición conmemorativa do 25 aniversario do Servizo Galego de Saúde.
Feijóo destacou a importancia da transferencia das competencias en materia de sanidade por parte do Estado a finais do ano 1990 e, neste senso, indicou que Galicia foi das seis primeiras autonomías en recibila. Así mesmo, subliñou que se trata dunha das áreas de xestión que máis recursos públicos absorbe, dada a súa importancia.
Do mesmo xeito, fixo fincapé en que nada diso sería posible sen as infraestruturas, tanto a nivel de novos edificios como no relativo ao equipamento tecnolóxico.
Finalmente, apuntou tamén como un fito deste cuarto de século o feito de ter multiplicado por 3 o gasto sanitario por habitante e, de igual xeito, o incremento rexistrado no gasto medio por persoa en medicamentos.
O presidente da Xunta puxo en valor, como dous dos fitos máis destacables no eido da sanidade nos últimos 25 anos, a constitución do 061, así como a creación do Centro de Transfusión de Galicia, que hoxe é a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.
https://www.youtube.com/watch?v=2GVgOBDtVJU