Un total de setenta nenos e nenas, de entre os 6 e os 15 anos de idade, participan esta semana na decimocuarta edición dos Campamentos de Verán do Concello de Lousame. Cinco días nos que os pequenos disfrutan de múltiples actividades lúdicas, culturais, deportivas e de natureza entre as 9:30 e as 20:00 horas, o que supón á súa vez unha importante axuda para a conciliación da vida laboral e familiar de moitas familias de Lousame durante as vacacións escolares.
Despois de asistir a unha charla e unha exhibición de canicross a cargo de Fernando Pérez “Dete” e unha tarde de praia en Porto do Son, os pequenos saíron esta mañá a unha excursión ao parque multiaventura Galipark e ao parque Río Barosa.
https://www.youtube.com/watch?v=pMFDI55NP_E