O presidente da Federación de Empresarios do Barbanza, José Ramón Romero, reuniuse coa Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, para avanzar na colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a FEB co fin de promocionar os produtos amparados pola marca “Galicia Calidade”, con motivo da XXVIII Gran Gala Dolmen de Ouro 2016 que terá lugar o venres 2 de setembro ás 21 h. no Pazo de Lestrove.
Nesta xuntanza o presidente da FEB e a Directora Xeral de Comercio falaron sobre unha posible colaboración do seu departamento en xornadas previas ao Dolmen con temática sobre comercio ou artesanía, que virían a complementar o propio acto de entrega dos Dolmen.
https://www.youtube.com/watch?v=OJP8oyVXoYw