O centro cultural Lustres Rivas acollerá un novo curso de criminoloxía e psicoloxía forense da universidade Menéndez Pelayo

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo organiza un curso sobre Criminoloxía e Psicoloxía Forense en Ribeira.
A actividade terá lugar entre os días 20 e 22 de xullo no Centro Cultural Lustres Rivas e a matrícula segue aberta para quen queira acudir: ben sexan profesionais e estudantes de Criminoloxía, Dereito, Medicina, Psicoloxía, Traballo Social como profesionais que traballan en ámbitos como xulgados, corpos de seguridade, peritos forenses, xuristas, etc.

Esta acción formativa está dirixido polo riveirense Gualberto Buela-Casal, catedrático de Psicoloxía da Universidade de Granada.

O obxectivo do encontro é ofrecer unha formación actualizada no ámbito das peritaxes psicolóxicas e da criminoloxía e para tal fin contarase con relatores de primeiro nivel, tanto profesores de Dereito Penal como psicólogos e profesionais de corpos de Seguridade do Estado.

https://www.youtube.com/watch?v=3LXKPj8e4VQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.