O auditorio de Rianxo acolle a prestrea da obra Voaxa e Carmín, escrita pola rianxeira Esther F. Carrodeguas e baixo a dirección de Xavier Castiñeira. A obra está baseada na historia de Coralia e Maruxa Fandiño Ricart, máis coñecidas como as dúas Marías, ou as dúas en punto.
As populares actrices, Belén Constenla e Mabel Rivera, dan vida a estas dúas santiaguesas, que cada día, as dúas en punto da tarde saían a camiñar polas rúas de Compostela. A obra parte dun texto teatral de Esther F. Carrodeguas, premiado o ano pasado na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, todo un luxo.
O xoves 14 de xullo, ás 21.30 horas, terá lugar un ensaio aberto ó público e o venres 15 á mesma hora a pestrea, os convites poden retirarse unha hora antes do comezo das funcións. Os rianxeiros podrán desfrutar da posta en escea do primeiro traballo profesional de Butaca Zero como agasallo da súa veciña, directora do grupo de teatro aririños e escritora da obra, Esther F. Carrodeguas.
A obra está coproducida por ButacaZero + eme2en coprodución coa MIT e conta co apoio da Xunta de Galicia + AGADIC e coa colaboración do Concello de Rianxo.
https://www.youtube.com/watch?v=fG78wsh2EdU