O exterior da Casa do Concello de Lousame acolleu esta mañá a firma dun novo convenio entre a Asociación Rural de Desenvolvemento Muros-Noia e o GALP de Fisterra ría de Muros-Noia Costa Sostible. Trátase do Pacto Local polo Territorio Costeiro Sostible e a aplicación dos principios deste pacto ao plan de sostibilidade turística que comezará a desenvolver a ARD Muros-Noia.
O GALP COSTA SOSTIBLE E A ARD MUROS-NOIA VEÑEN DE PECHAR O PACTO LOCAL POLO TERRITORIO COSTEIRO SOSTIBLE

