Persoal do GAEM de Ribeira reanima a un conductor que sufriu un posible infarto

Eran as 12:00 do medio día cando a policía local de Ribeira procedía a chamar a atención ó conductor dun vehículo parado na rúa Rosalía de Castro a altura da farmacia, nese intre percatábanse de que o conductor estaba a sufrir unha indisposición ó volante. De inmediato deron aviso ó Gaem de Ribeira, o xefe deste grupo de emerxencias persoouse ó momento no lugar. Ó chegar o xefe do Gaem comprobou que o home, que responde ás iniciais R.G.G., e de 55 años de idade, se atopaba en parada, polo que procedeu a reanimalo.

A resposta dos servizos de emerxencia foi rápida, e conseguiron reanimalo, para logo trasladado ó hospital da Barbanza nunha ambulancia do 061.

O suceso chamou a atención de numeras persoas que transitaban por esta céntrica rúa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.