O traballaor dunha gasolineira de Ribeira foi asaltado a plena luz do día a punta de coitelo. O surtidor atópase no malecón de Ribeira, a carón da estación de autobús, do centro de saúde e do varadoiro de embarcacións, lugares moi concocorridos a esas horas, as 21:30.
Máis neses intres non había nadie repostando polo que se saiu coa súa roubando a carteira do empregado que contiña uns 200 euros. A policía nacioanl xa estivo revisando as cámaras da gasolineira para identificar ó caco que ten arredor de 25 anos.
Esta é a primeira vez que atracan a Eduardo, máis naquel intre non sinteu medo, agora pensao mellor.
Por outra banda , as xerentes de dous establecementos de venta de produtos de perruqería e beleza de Ribeira espertaron o domingo coa sorpresa de que os ladróns roubaran nos dous establecementos co método do butrón. Os locais están situados en céntricas rúas de Santa Uxía, pero isto non intimidou ós cacos. No primeiro caso, a tenda Galana, ubicada na rúa de Lugo, á carón da casa consistorial, alí os ladróns levaronse 4 pranchas do pelo por un valor que supera os 800 euros, ademais dos danos causados, xa que coa axuda dunha cabeza de león de pedra romperon unha das cristaleiras de seguridade do establecemento. A pesar do gran ruído que debeu facela escacheira os veciños non escoitaron nada.
Esta é a segunda vez na volta dun ano que rouban con este método neste establecemnto.
No segundo caso trátase da tenda Yeran, ubicada na rúa de Lugo, o método o mesmo, pero aqui unha veciña si espertou, e deu aviso á policia, que de inmediato se persoou no lugar, malia que non puido evitar que os cacos marcharan con varias pranchas do pelo e un secador do escaparate, o valor ronda tamen os 400 euros. Esta mañá os cristaleiros aseguraban os escaparates.
Comerciantes e vendedores dan conta da alarmante situación na que se está a vivir., porén poucos se animan a saír ante as cámaras.
A pouca dureza das penas é unha das queixas que presentan a maioría de comerciantes, os ladróns entran pola porta do xulgado e o pouco están de volta na rúa a continuar coas fechorías.
Vendedores ,comerciantes,e veciños reclaman maior presenza policial durante as noites.
https://www.youtube.com/watch?v=5Yt9mHWXahs