Boiro

A POLICÍA AUTONÓMICA E AXENTES AMBIENTAIS ESCLARECERON UN INCENDIO FORESTAL QUE SE PRODUCIU EN BOIRO O PASADO 20 DE SETEMBRO

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Santiago de Compostela en colaboración con axentes ambientais do Distrito Forestal IV – O Barbanza veñen de esclarecer o incendio forestal rexistrado o pasado 20 de setembro no concello coruñés de Boiro. O lume produciuse no lugar de Cadarnoxo e afectou 100 metros cadrados de superficie rasa. Tras confirmar que o lume se iniciou pola caída dunha árbore sobre o tendido eléctrico, tomóuselle declaración a unha persoa que realizaba labores de corta como presunta responsable.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.