Dende a entrada en vigor da Lei 47/2015 reguladora da protección social das persoas traballadoras do sector marítimo– pesqueiro os traballadores da estiba dos portos de Ribeira e A pobra están en desigualdade de condicións con respecto ó resto de estibadores, ó non aplicarse por igual dita lei en todas as categorías laborais de todos os portos.
O BNG da Barbanza avoga para rematar con esta situación, que afecta a unha treintena de traballadores dos portos da Pobra do Caramiñal e Ribeira, capataces, grueiros e amanteiros ós que non se lles recoñece o dereito á aplicación dos coeficientes redutores polo que se verán obrigados a traballar máis anos ou recurrir a situación ante a xustiza.
https://www.youtube.com/watch?v=u_mKitmBA_c