Icono del sitio CanalBarbanza.com

RUEDA RESALTOU A COLABORACIÓN DA XUNTA COA REAL ACADEMIA GALEGA PARA GARANTIR A ACTIVIDADE DA ENTIDADE MENTRES DUREN AS OBRAS DE MELLORA DA SÚA SEDE

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, asinaron esta mañá o protocolo de cooperación entre ambas institucións. Con esta firma Rueda reafirma o seu compromiso coa RAG na visita realizada á súa sede na Coruña, que será obxecto de melloras. Por iso o titular da Xunta destacou a plena colaboración das entidades para garantir a súa actividade en defensa do galego mentres duren as obras.

Salir de la versión móvil