Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CONCELLO DE NOIA E A XUNTA DAN UN PASO MÁIS NA CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

Hai case un ano a Xunta anunciou que Noia ia contar cun novo centro de saúde. Logo de que o Concello noiés presentara os terreos onde se localizará esta instalación e obtivera o visto bo de Sanidade, a consellería e o Executivo local firmaron esta mañá o convenio que permitirá a construción desta nova infraestrutura de atención primaria.

Salir de la versión móvil