A vila de Noia comeza a quentar motores mentres agarda pola chegada da gran gala final nesta edición numero 23 da Mostra de Curtas. Este ano Pedro Brandariz estará tamén moi presente, xa que o cómico será homenaxeado nesta nova entrega das curtas e o premio Amateur levará o seu nome. Contará de novo cunha ampla proposta na que as proxeccións de curtas e de documentais serán protagonistas.
A MOSTRA DE CURTAS DE NOIA VOLVE CUNHA EDICIÓN ESPECIAL EN HOMENAXE A PEDRO BRANDARIZ

