As tendas ribeirense botáronse á rúa

A Praza do Concello de Ribeira acolleu durante a xornada do sábado a iniciativa denominada «Tendas na rúa», a cal xurdiu da Asociación de Empresarios de Ribeira. Unha vintena de establecementos adheridos ao centro comercial aberto Viamare concurriron nesta cita que contaba con apertura ininterrumpida de 11:00 da mañá a 22:00 da noite.

Deste xeito, achegaron produtos rebaixados, así como a celebración dun sorteo presencial de 100 euros entre as persoas que fixeron algunha compra nas tendas participantes.

Un evento que contou cunha importante afluencia de clientes durante o transcurso da mañá e a última hora da tarde.

https://www.youtube.com/watch?v=UBS6CucbBmo

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.