Día de San Cristóbal na comarca da Barbanza

O domingo tivo lugar a celebración do Día de San Cristóbal, o patrón dos condutores. En Ribeira, o disparo de 12 bombas de palenque ás 10:00 da mañá anunciou o inicio da festividade. A continuación, o grupo de Gaitas O Rueiro dos Fillos de Palmeira realizou unha alborada polas rúas principais.

Ás 12:30 da mañá celebrouse unha Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica Municipal de Ribeira e nela recordaron a todos os que faleceron en accidentes de tráfico. Acto seguido, o disparo dunha batería de bombas convidou aos veciños a participar na procesión. O itinerario comezou na Porta do Sol para proseguir pola rúa Galicia, Romero Ortiz, rotonda da Estación de Autobuses e, por último, recheo do Malecón. Neste espazo procedeuse á bendición dos vehículos participantes nesta singular procesión.

A comitiva despediuse cunha pequena actuación do grupo de gaitas O Rueiro, regresando seguidamente a procesión á Porta do Sol tras pasar polo Malecón, García Bayón, Lepanto, Miguel Rodríguez Bautista, Alcalde Fernández Bermúdez e Rosalía de Castro.

Este día tamén se festexou en Abanqueiro, onde facía anos que non había tantos vehículos nunha procesión. Ademais de coches, había camións, furgonetas e motos.

https://www.youtube.com/watch?v=dTj-XaD0rSc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.