O bo tempo acompañou a todos aqueles que decidiron achegarse ata a capela de Seráns para celebrar que hoxe é San Benito. As súas facultades son coñecidas en toda a comarca. A el atribúeselle a capacidade de afrontar as doenzas con miragres.
A misa solemne tivo lugar ao mediodía, cando os devotos se reuniron tanto no interior da igrexa como nas inmediacións co obxectivo de pedirlle ao santo a curación das enfemermidades. A fonte que da entrada ao recinto sagrado tamén foi moi concurrida, xa que existe a crenza de que posúe poderes curativos.
Ademais, foron moitos os fieis que quixeron amosar a súa devoción levando ofrendas, panos e candeas.
No lugar non faltaban as estampas, o óleo consagrado que fai desaparecer as verrugas da pel, diversos postos, unha banda de música e, por suposto, unha barra para tomar un refrixerio.
https://www.youtube.com/watch?v=B4JrEDi_HRk