O campamento xuvenil de Espiñeira acolle unha nova edición do programa «O galego campa!»

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, e mais a Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, achegáronse esta mañá ata as instalacións do campamento xuvenil Espiñeira de Boiro. O propósito era presentar a nova edición do programa de dinamización lingüística «O galego campa!». Trátase dun programa de dinamización lingüística dirixido a rapaces e rapazas de distintas idades, nomeadamente aos que participan nos campamentos de verán da Xunta de Galicia.

Valentín García amosou a súa satisfacción pola nova edición deste programa que entronca os obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega para o sector da mocidade fomentando a creatividade e os espazos de ocio en galego para os rapaces e rapazas. Deste xeito, preténdese favorecer o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia.

Pola súa parte, Cecilia Vázquez sinalaba que se tenta achegar e fomentar o uso do galego entre os máis cativos, sobre todo, aqueles que viven nas urbes.

No campamento de Boiro son moitos os nenos e nenas que participan no desenvolvemento de actividades temáticas sobre o teatro e a expresividade.

Unha ocupación que está facendo a ledicia dos máis pequenos.

Este ano son 17 os campamentos de toda Galicia que implantan este programa.

https://www.youtube.com/watch?v=5-Oh3ZqSuc0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.