O domingo 10 de xullo celebrarase o IV Tríatlon Concello de Ribeira, que é ademais Campionato Galego na Distancia Olímpica con drafting.
Ás 09:45 da mañá darase a saída á proba feminina, con grandes nomes como os de Camila Alonso, Melina Alonso, María Martínez ou Silvia Deira.
A proba masculina comezará dez minutos máis tarde con 190 deportistas inscritos e xente dun altísimo nivel coma Luismi Velászquez, Diego Paz , Alberto Castiñeira , Ismael López ou Lucas Escaneo, entre outros. A area de transición, meta e saída está situada na praia de Coroso.
A proba popular, con 84 inscritos, comezará ás 12:30 horas e cunhas distancias moito máis curtas: 300 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 2,5 de carreira a pe.
Cabe lembrar que o pasado ano Sabela Pensado do Club Natación Ribeira e Luis Miguel Velásquez do Tri-Penta Terras de Lugo lograron o pasado ano a vitoria no III Tríatlon Concello de Riveira, mentres que se proclamaron campións galegos Sabela Pensado e Diego Paz nesta mesma proba.
Posteriormente celebrarase o Campionato Galego de Duatlón Escolar Cadete, a 13:15 horas, no que os participantes deberán realizar 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 de carreira a pe. Na proba está inscritos 42 deportistas
https://www.youtube.com/watch?v=91IZTHQnNdk