O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar) como unha plataforma global que divulga a fortaleza da industria pesqueira galega e reforza o compromiso cunha pesca compatible co medio ambiente. Durante o acto de apertura da súa vixésimo terceira edición, Rueda incidiu en que coidar do mar é a mellor maneira de velar polo futuro do emprego e do sector e que, por esa razón, Galicia é a primeira interesada en protexer os recursos e promover unha actividade sostible.
HOXE BOTOU A ANDAR UNHA NOVA EDICIÓN DO CONXEMAR.

