Obradoiros, maxia, xogos ou conta contos son algunhas das actividades de Pequetroula. A nova campaña de conciliación e apoio ao comercio local do Concello da Pobra do Caramiñal, que foi presentada esta mañá.
Pequetroula está dirixido á rapazada de 3 a 14 anos e terá lugar durante as fins de semana, dende este sábado 8 de outubro ata o 18 de decembro, na praza Alcalde Segundo Durán.
Unha forma de comprometerse co comercio local, xa que mentres os máis pequenos poden gozar de actividades lúdicas variadas, as súas familias poderán realizar compras nalgún dos 36 establecementos adheridos á campaña.

