Icono del sitio CanalBarbanza.com

RUEDA ESIXE UN COMPROMISO REAL DO GOBERNO CENTRAL CO AVE QUE CONECTARÁ VIGO CON PORTO.

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á xornada Desafíos actuais en infraestruturas transfronteirizas e desenvolvemento económico da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, organizada pola Agrupación europea de cooperación territorial (AECT) de Vigo. Na súa intervención esixiu un compromiso real do Goberno central coa alta velocidade Vigo-Porto xa que segundo definiu, é unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento de Galicia e do norte de Portugal.

Salir de la versión móvil