O bo tempo axuda ó abastecemento de diversidade e cantidade de peixe e marisco e nos mercados municipais da comarca.

O mercado municipal de Ribeira estaba hoxe ateigado de xente, os praceiros e praceiras ofrecían diversidade e cantidade de peixe e marisco da Ría, a gusto do consumidor.

A maioría de clientes que se achegan estes días ata o mercado municipal son turistas que pasan as vacacións na comarca, mais tamén os veciños e veciñas da vila, que mercan os productos frescos ó longo do ano. O peixe máis demandado está a ser o chincho e a sardiña, pero sobre todo o marisco.

A sardiña tamén gana terreo , nos últimos días esta especie peláxica adquiriu máis grasa e xa se demanda para asar.

Os prezos axeitados para todos os petos, peixe e marisco a escoller, variedade e calidade.

https://www.youtube.com/watch?v=NilTAFuz3sc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.