O salón de plenos do concello da Pobra do Caramiñal acolleu onte a sesión plenaria do mes de setembro. Nela aprobáronse por unanimidade a proposta da alcaldía para participar no POS adicional da Deputación e o suplemento de crédito 02/22. Sen embargo non saíu adiante a moción do PP sobre a solicitude de obradoiros duais de emprego.
A CORPORACIÓN DA POBRA DEU LUZ VERDE A INSTAR A AUGAS DE GALICIA A AUTORIZAR A LIMPEZA DOS RÍOS DO MUNICIPIO

