Feijóo Destaca Que Galicia Está Entre As Comunidades Que Máis Servizos Creou Neste Eido Nos Último Cinco Anos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe, durante o acto de inauguración, na Coruña, da nova sede da Institución Benéfico Social Padre Rubinos, o compromiso do Executivo autonómico coa inclusión social, co coidado dos maiores e dos dependentes, e coa conciliación da vida laboral e familiar unha aposta que, no caso concreto da dependencia, dixo, ten permitido que nos últimos cinco anos o número de dependentes atendidos diariamente se incrementase de 14.000 a 38.000 e que Galicia se sitúe entre as comunidades que máis servizos creou neste eido.
No que respecta ás políticas específicas destinadas aos maiores, o xefe do Executivo galego destacou que desde 2009 se crearon un 45% máis de prazas en residencias, centros de día e centros de Alzhéimer, das que había á súa chegada ao Goberno.
Canto ao apoio das persoas en risco de exclusión, Feijóo referiuse ao deseño dunha normativa pioneira, a Lei de Inclusión Social vinculada ao emprego, un marco legal que articula unha nova RISGA con tres tramos diferenciados que incentivan e estimulan o traxecto cara á inserción sociolaboral.

Feijóo incidiu en que estes tres eixes fundamentais de actuación do Goberno galego –atención aos colectivos en risco de exclusión, coidado dos maiores e dos dependentes e aposta pola conciliación- son tamén os tres eidos nos que se centran os servizos que a Institución Benéfico Social Padre Rubinos prestará na súa nova sede inaugurada hoxe.
Unhas instalacións que contan cunha residencia e centro de día para maiores, para dar servizo a máis de 180 persoas; cunha escola infantil con preto de 100 prazas; e cun albergue para persoas con necesidade, con capacidade para 200 usuarios. Trátase de máis de 15.800 metros cadrados e dunhas instalacións modernas e de calidade que supuxeron un investimento de 25 millóns de euros.

http://youtu.be/zNa5Gc__QsI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.