A situación pola que está a pasar a sanidade pública en xeral e a atención primaria en particular coa falta de médicos segue a preocupar na comarca. A plataforma de defensa deste servizo no Barbanza apunta ao centro médico de Palmeira como o punto crónico xa o médico titular está de baixa dende hai máis de 4 meses e non se conta con outro facultativo a tempo completo.
A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE DO BARBANZA DENUNCIA A FALTA DE FACULTATIVOS NOS CENTROS DE SAÚDE DA COMARCA

