Icono del sitio CanalBarbanza.com

FINALMENTE OS MARISCADORES DE NOIA NON PUIDERON COMEZAR HOXE A CAMPAÑA MARISQUEIRA

A lonxa de Testal non puido inaugurar as poxas do marisco ao terse que pospoñer unha vez máis o inicio da campaña marisqueira. Os resultados das análises realizadas o luns daban uns niveis máis baixos da toxina lipofílica o que abría a posibilidade de abrir hoxe a campaña. Algo que ao final non se puido dar xa que os últimos resultados recibidos a primeira hora confirmaron a aparición da PSP, que causa intoxicacións paralizantes.

Salir de la versión móvil