O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que o cambio no modelo de reparto das cotas de pesca do cerco defendido pola oposición, e no que se prima o número de tripulantes en vez da fórmula mixta actual que tamén ten en conta as descargas históricas, suporía a perda dun 20 por cento das posibilidades de pesca que na actualidade ten a flota galega.
Balseiro insistiu en que desde a oposición “non se votaron os números” e explicou que, por exemplo, só na zona IXa perderíamos o 50 por cento do xurelo, onde agora temos o 98,7 por cento da cota, pois tería que compartirse con Andalucía que ten 1.228 tripulantes nesta modalidade de pesca. Cabe destacar que ACERGA, a agrupación de cerqueiros que engloba a maioría da flota galega, continúa a defender un criterio de reparto lineal por tripulante, Juan José Blanco, o presidente desta agrupación de cerqueiros, explicou en varias ocasións a indignación que existe entre os armadores do cerco ante a continuidade do reparto da cuota por históricos.
https://www.youtube.com/watch?v=ruwPjjZHntI