O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu hoxe ao acto de apertura do Congreso Internacional de Termalismo que se está a celebrar en Ourense e no que participan 250 persoas e relatores de 22 países. Na súa intervención Rueda subliñou que Galicia aspira a aproveitar o seu papel como referente termal europeo para liderar a aposta polo turismo sostible.
RUEDA SUBLIÑA QUE GALICIA ASPIRA A APROVEITAR O SEU PAPEL COMO POTENCIA TERMAL EUROPEA PARA LIDERAR A APOSTA POLO TURISMO SOSTIBLE

