Os 16 mariñeiros do cerco investigados por desorde pública aceptan penas de 6 meses de cárcere

Os 16 mariñeiros do cerco acusados de desorde público tras participar na manifestación en protesta polo reparto das cuotas pesqueiras, celebrada en Vigo, o 6 de marzo do 2014 , aceptaron unha pena de 6 meses de cárcere, conmutable cunha multa de 1500 euros recoñecendo os feitos e evitando así o xuízo, no que a fiscalía pedía ata tres anos de cárcere para eles. Ademais destes 6 meses de cárcere un dos acusados, A.V.P. terá que pagar unha multa de 240 euros e unha indemnización de 4220 euros por tres faltas de lesións contra a autoridade.
Os dezaseis terán que pagar de maneira conxunta 7377 euros de responsabilidade civil á xunta por danos na súa sede. O Xulgado do Penal número tres de Vigo acolleu a vista de conformidade. O presidente de Acerga, José Blanco, investigado na causa, amosou a sua satisfacción co acordo acadado, malia que considera que debían ter saído absoltos.

https://www.youtube.com/watch?v=jip7LA_8f1M

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.