A praia de Río Azor, en Ribeira e a praia de Barraña, en Boiro, forman parte da Rede galega de praias sen fume, unha iniciativa posta en marcha pola Consellería de Sanidade para promover praias que respecten e coiden o medio ambiente.Hoxe preguntamos ós bañistas que lles parece esta iniciativa, na maioría dos casos destacan que o fume non lles molesta, o que sí molesta ós usuarios dos areais é que os fumadores depositen as cabichas na area, unha vez rematan o pitillo, polo que aplauden a iniciativa.
Entre as razóns para escoller unha praia sen fume, Sanidade sinala que cada vez que se prende un pitillo estase poñendo en risco a saúde do fumador e a dos que o rodean. De feito o consumo de tabaco é a primeira causa de morbilidade e de mortalidade evitable. Non fumar na praia será un paso máis para conseguir unha sociedade sen tabaco para todos e entre todos.
Praias sen Fume non ten un fin recadatorio, senón, educativo, de promoción da saúde e de proteción do medio ambiente, sendo o seu cumprimento voluntario.
Segundo remarcou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, este proxecto de Praias sen fume é o primeiro que se impulsa a nivel de toda unha Comunidade Autónoma, sendo Galicia, unha vez máis, pioneira dunha iniciativa no contorno da promoción da saúde e prevención da enfermidade.
https://www.youtube.com/watch?v=BbEm5OiMqfk