Unha veintena de embarcacións están inscritas para participar na regata Congalsa, VI Volta a Sálvora, que se celebra o 9 de xullo a partir das 14:00. A proba foi presentada esta mañá nas instalacións do CND Riveira nun acto no que participaron o presidente do CN Riveira Jose Luis Torres Colomer, o conmodoro, José Luís Lomba, o Tesoureiro , Justo Arevalillo, e o representante de Congalsa, Ramón Doval .
O Presidente do Club detacou que se trata dunha proba cun bo número de inscripcións, e con varios percorridos a escoller según a dirección do vento.
A empresa Congalsa, con sede na Pobra leva seis anos patrocinando esta Regata .
A entrega de trofeos realizarase nas instalacións do club as sete da tarde, acompañaranse dun pincho e degustación de productos precociñados de congalsa.
https://www.youtube.com/watch?v=A8lzWgEhzTo