Novo chamamento público por parte de «Stop Desahucios» Barbanza

A Plataforma «Stop Desahucios» Barbanza fai un chamamento público a todas as persoas que adquirisen vivendas a promotores particulares que chegaron a presentar suspensión de pagos ou non cumpriron coa entrega correcta dos domicilios. Algúns atópanse sen rematar ou con irregularidades.

Desde a Plataforma van estudar cada caso co obxectivo de atopar unha solución a esta problemática. O seu procedemento consestirá en tratar de executar o aval e que a familia recupere os cartos depositados. No caso de non dispoñer de dito aval, iniciarase a vía penal ou demandarase ao banco como responsable subsidiario. Segundo Xurisprudencia do Tribunal Supremo, este ten responsabilidades ao consentir que a conta indispoñible na que se pagaron as entregas a conta , fose disposta para outros fins.

Por outra banda, para esta Plataforma comarcal sempre foi imprescindible que cada Concello atendese as políticas sociais de maneira eficiente e por iso apela á sensibilidade social de todos os consistorios da Comarca da Barbanza. O propósito é que contemplen, nos presupostos municipais, importantes incrementos económicos polo gran número de familias que se atopa en situación de vulnerabilidade. Por iso se recoñece a importancia de que o orzamento do Concello de Ribeira sexa de ao redor de 400.000 euros a maiores dos asignados no pasado exercicio económico en materia de políticas sociais.

Ademais, dita Plataforma avoga pola necesidade dun maior número de acordos ou convenios de cesión de vivendas entre as Administracións Públicas e as entidades financeiras. Sinalan que é preciso lembrar que no mundo real, España é o país da Unión Europea con maior número de desafiuzamentos; así como o feito de que o parque público de vivendas non chega ao 1% fronte ao 18% da media europea. De feito, indican que nun dos últimos informes da Unión Europea denúnciase que en España realízanse desafiuzamentos sen alternativa habitacional.

https://www.youtube.com/watch?v=yoGCjElWYK8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.