O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor visitou hoxe o concello de Noia, onde coñeceu a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) e o servizo municipal de protección civil de Noia. Luis Menor aproveitou esta visita para recoñecer o labor altruísta e solidario dos voluntarios de protección civil.
Dende o Goberno galego apóiase o labor do voluntariado de protección civil, en tema como a formación, equipamento e axudas económicas para o funcionamento das AVPC.
A Xunta de Galicia fixo no ano anterior un esforzo importante no aporte de medios de emerxencias aos concellos para a súa utilización tanto polas AVPC como polos servizos de emerxencias municipais. Na provincia de A Coruña no 2015 distribuíronse equipamentos por valor de 1.848.740 euros.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Noia é unha das máis antigas de Galicia, foi rexistrada no ano 1992 co número 14, hoxe en día existen 220 agrupacións AVPC.
https://www.youtube.com/watch?v=rnggq1vWDYw