Ribeira conmemorará este domingo o Día de San Cristobal

A celebración do Día de San Cristóbal, o patrón dos condutores, terá lugar este domingo 10 de xullo en Ribeira. Unha data que gozou durante moitos anos dunha multitudinaria participación. Agora está sendo revitalizada grazas ao labor da Parroquia de Santa Uxía, da Asociación Cultural Alfaia e do Concello.

O disparo de 12 bombas de palenque ás 10:00 da mañá anunciará o inicio da festividade. A continuación, o grupo de Gaitas O Rueiro dos Fillos de Palmeira realizará unha alborada polas rúas principais.

Ás 12:30 da mañá terá lugar unha Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica Municipal de Ribeira e nela recordarán a todos aqueles que perderon a vida en accidentes de tráfico. Acto seguido, o disparo dunha batería de bombas convidará aos veciños a participar na procesión. O itinerario comezará na Porta do Sol para proseguir pola rúa Galicia, Romero Ortiz, rotonda da Estación de Autobuses e, por último, recheo do Malecón. Neste espazo procederase á bendición dos vehículos participantes nesta singular procesión.

A comitiva despedirase cunha pequena actuación do grupo de gaitas O Rueiro, regresando seguidamente a procesión á Porta do Sol tras pasar polo Malecón, García Bayón, Lepanto, Miguel Rodríguez Bautista, Alcalde Fernández Bermúdez e Rosalía de Castro.

https://www.youtube.com/watch?v=n4Qz-83hCOE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.