O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado do vicepresidente primeiro, Francisco Conde, asistiu á inauguración institucional do supercomputador Finisterra III no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). O novo procesador cuántico, que contou cun investimento de 7 millóns de euros, permite resolver 4.000 billóns de operacións matemáticas por segundo, multiplicando por 12 a capacidade de cómputo do FinisTerrae II. Rueda reafirmou nese escenario o obxectivo de colocar a Galicia na elite das tecnoloxías de alta prestación ao servizo da investigación e da industria.
RUEDA REAFIRMOU O OBXECTIVO DE COLOCA A GALICIA NA ELITE DAS TECNOLOXÍAS DE ALTA PRECISIÓN AO SERVIZO DA INVESTIGACIÓN E DA INDUSTRIA

