Muros

A Virxe do Carme será homenaxeada este fin de semana

As procesións marítimas do Carme terán lugar mañán, mais o ambiente festivo xa comezará a espertar esta noite en moitas localidades mariñeiras. Varias verbenas abrirán un novo ciclo de actividades que finalizarán o domingo.

A celebración que honra ao Carme dará comezo en Aguiño co ritmo que esta mesma noite impoñerán Sorpresa e Fania Blanco Show. A tradicional sardiñada que está prevista para o domingo ás 13:00 da tarde será unha das actividades estrela na localidade ribeirense.

Na Pobra do Caramiñal, as festas do Carme dos Pincheiros comenzarán da man da Big Band da Escola Estudio de Santiago de Compostela, que ofrecerá un concerto ás 23:00 da noite na Praza do Emigrante. O sábado haberá unha sardiñada, así como un festival folk.

As orquestas Jerusalén e Esencia animarán Cabo de Cruz, onde a primeira hora da mañá, os grupos tradicionais Andavía e Loureda anunciaron o inicio da festividade. O programa previsto para hoxe completouse coa celebración de xogos populares e un taller de maquillaxe ás 18:00 da tarde.

A homenaxe á patroa dos mariñeiros iniciouse en Rianxo con dianas e alboradas. Ademais, ás 14:00 da tarde houbo unha sesión vermú amenizada polo grupo Nebraska que, esta mesma noite, compartirá escenario coa orquesta Solara.

Finalmente, a París de Noia e Factory serán as encargadas da dar o pistoletazo de saída en Muros. Varios grupos percorreron as rúas a partir das 11:00 da mañá co obxectivo de difundir o ambiente festivo.

https://www.youtube.com/watch?v=jBWMIWlCTIY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.