Cunha andaina interxeracional. Deste xeito o centro de dia da Pobra do Caramiñal quixo conmemorar o día Mundial do Alzhéimer. Logo da chegada da pandemia a entidade organizou esta primeira andaina presencial, en colaboración co concello, que saíu dos arredores do centro de día e rematou nos xardíns Valle-Inclán. Contou coa participación dos alumnos do CEIP Salustiano Rey Eiras, dos usuarios do centro de día da Pobra e tamén dos centros de Porto do Son e Rois.
HOXE CONMEMORASE O DIA DO ALZHÉIMER E NO CENTRO DE DIA DA POBRA ORGANIZOU UNHA ANDAINA NA QUE PARTICIPARON MAIS DE 300 PERSOAS

