Galicia pecha agosto con 3.340 persoas desempregadas menos, o maior descenso do Estado por segundo mes consecutivo. Galicia pechou o mes de agosto con 3.340 persoas desempregadas menos que no mes de xullo, o que en termos porcentuais se traduce nunha baixada do 1,39 por cento. É a comunidade autónoma onde máis baixou o paro rexistrado en termos absolutos por segundo mes consecutivo e a segunda en termos relativos (-1,39%), superada unicamente por Cantabria. No mes de agosto, Galicia rexistrou un total de 236.939 persoas desempregadas.
A directora xeral de Formación e Emprego, Ana María Díaz, valorou hoxe a evolución dos datos do paro rexistrado, salientando que Galicia rexistrou este mes de agosto, en termos intermensuais absolutos, o terceiro maior descenso histórico, xunto co producido o ano pasado, cando houbo 3.578 persoas desempregadas menos, e en 1997 con -3.354. Ademais, en termos relativos, é, segundo resaltou Díaz López, “o mellor comportamento desde o ano 1998”.
http://youtu.be/xlIQsWVCuf8
Descende O Paro En Galicia E Tamen No Barbanza
Please login to join discussion