A Alameda de Noia contou estes días cun servizo que esta a desenvolver a Consellería de Política Social. Trátase de Coidados porta a porta, unha iniciativa que naceu para achegar aos maiores de Galicia servizos como podoloxía, audioloxía ou estimulación da memoria. Esta mañá o director xeral de Maiores, Antón Acevedo, visitou o posto que se trasladou ata a vila noiesa, servizo que o alcalde da localidade, Santiago Freire, enxalzou.
O SERVIZO COIDADOS PORTA A PORTA FIXO PARA EN NOIA.

