A Pobra acolle o sábado a I Bandeira de Traiñeiras Severino Escurís Batalla

O Club Remo Puebla competirá co seu segundo equipo na regata Bandeira Severino Escurís Batalla que se celebra o vindeiro sábado 9 de xullo ás 18:00 h. no porto comercial da Pobra. Unha proba correspondente á liga B e patrocinada pola empresa ACTEMSA, que preside don Severino Escurís Batalla. Precisamente na sede da empresa, no polígono industrial da Tomada, realizouse a presentación deste evento deportivo.
Andrés Fernández agradeceu o apoio que ano tras ano reciben de Severino Escurís, que os arroupa en todas as competicións que realizan no municipio.

Visiblemente emocionado, don Severino Escurís fixo gala da humildade que o caracteriza, destacando que fai solo o que pode e que agarda poder acudir a moitas máis competicións co equipo pobrense.

Repartiránse 6000 euros en premios.
Por outra parte o sábado 23 celebrarase tamén a Bandeira Concello de A Pobra, na cal competirán co seu primeiro equipo na División A. Andrés fernández destacou que é todo un éxito ter dous equipos competindo na liga galega de traíñas, o que lles obriga tamén a realizar estas dúas regatas.

https://www.youtube.com/watch?v=QRpFirniM8s

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.