A Xunta impulsa o uso da biomasa na industria conserveira para reducir custos e mellorar a eficiencia enerxética nas empresas

Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria e do Mar, Francisco Conde e Rosa Quintana, respectivamente, e o alcalde de Ribeira Manuel Ruiz Rivas, participaron esta mañá na mesa de traballo organizada polo Inega no municipio de Ribeira para analizar as vantaxes da biomasa con fins térmicos no sector conserveiro. Ó acto asistiron traballadores e representantes da industria conserveira da comarca do Barbanza.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria sinalou que a Estratexia Integral de Impulso á Biomasa da Xunta naceu co obxectivo fundamental de favorecer o emprego desta fonte de enerxía que, ao ser autóctona, limpa e rentable, está a beneficiar cada vez a máis empresas e fogares galegos, xerando ademais emprego de calidade, sobre todo no rural e en sectores como o da alimentación. Por este motivo, animou as empresas da industria conserveira a apostar pola utilización desta enerxía renovable.

Conde destacou que a biomasa, que conta con 8 fábricas en Galicia, ocupa actualmente o primeiro lugar en produción entre as fontes enerxéticas de orixe autóctona, por diante doutros recursos naturais como a auga e o vento. Así, a previsión recollida na Estratexia para 2020 é acadar aforros anuais de 70 millóns de euros na compra de combustibles fósiles; evitar emisións á atmosfera de 246.000 toneladas cada ano de CO2; mobilizar unha inversión próxima de 500 millóns; crear 1.000 novos postos de traballo no sector; e multiplicar por tres o consumo actual da biomasa, situado en 233.000 m3 ao ano.

https://www.youtube.com/watch?v=QAh6Ww_HUGA

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.