O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Medio Rural, José González, visitaron esta mañá os viñedos das Adegas Martín Códax, pertencente á Denominación de Orixe Rías Baixas. Durante o seu percorrido, Rueda destacou a importancia do traballo conxunto do Executivo e os Consellos Reguladores, que recibiron 19 millóns de euros en axudas entre o 2012 e o 2021, dos cales 8,2 millóns foron parar ás Rías Baixas.
RUEDA DESTACOU A CAPACIDADE DO SECTOR VITIVINÍCOLA GALEGO PARA XERAR DINAMISMO E EMPREGO NO RURAL, Á VEZ QUE SE REFORZA O COIDADO POLO MEDIO

