O Club Natación Riveira continua recollendo os resultados froito dos seus esforzos

O pasado fin de semana celebrouse en Cervo o Campionato Galego Alevín de Natación. O Club Natación Riveira participou con 7 nadadores, 4 rapaces e 3 rapazas. Case todos debutaban nun campionato galego e os resultados foron bastante bos.

Yago Herbón acadou o segundo posto en 100 Bolboreta, o décimo en 200 Costas e o onceavo en 200 Estilos.

Hugo Herbón logrou a novena posición no 200 Estilos, a doceava en 100 Costas e a décimo terceira en 100 Braza.

Juan Rey quedou no noveno posto en 200 Bolboreta e o vixésimo en 400 Libre.

A vixésimo primeira posición foi parar a Rocío Carbia en 200 Costas, a trixésimo novena en 100 Libre e a vixésimo primeira en 100 Costas.

Uxía Barreiro chegou ao trixésimo terceiro posto en 100 Costas; mentres que Ana Buceta conseguiu o vixésimo quinto en 400 Libre, o décimo terceiro en 100 Libre e o vixésimo en 100 Espalda.

Ademais, por clubes acadaron a decimo novena posición.

Por outra banda, en Tríatlon chegaba a segunda proba do circuíto galego en Poio, obtendo excelentes resultados e quedando primeiros por equipos.

Martín Carrera alzouse coa segunda posición; Jorge González coa sexta e co título de Campión Cadete; Carlos Brión coa sétima e co recoñecemento de Campión Júnior; Mauro Paredes coa vixésimo terceira e Bronce Cadete; David Sanisidro coa trixésimo sexta; Martín López coa setuaxésimo sétima e decimo cuarta en Cadete; José Benito Muñiz coa centésimo décimo primeira; e, por último, Martín Cespón coa vixésimo terceira na proba Popular Mini Sprint.

Desde o Club Natación Riveira sinalan que se atopan traballando na boa dirección.

https://www.youtube.com/watch?v=KZPmAMO3HQw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.