Cabo de Cruz contará por fin cos demandados pantaláns para o amarre das embarcacións

Cun investimento de 700.000 euros a Consellería do Mar vai cumplir cunha vella demanda dos mariñeiros de Cabo de Cruz,na dotación de pantaláns para embarcacións pesqueiras. Así o confirmou esta mañá a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, nunha visita ao peirao acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, o alcalde de Boiro Juan José dieste, o senador José Luís Torres Colomer e a Patroa Maior de Cabo de Cruz, Raquel Souto.

Rosa Quintana lembrou que as obras para a construción destes pantaláns saíron a licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG) a semana pasada e a estimación do seu departamento é que os traballos poidan estar contratados a final de ano para dar comezo a principios do vindeiro 2017. En concreto, esta dotación permitirá crear prazas de amarre para 125 embarcacións de esloras ata 10 metros. Esta capacidade dará resposta á totalidade das demandas existentes na actualidade e reserva máis de 30 prazas libres para ocupar no futuro.

Con esta obra a Xunta de Galicia afonda no compromiso de dar resposta ás necesidades do sector profesional de Cabo de Cruz que se iniciou coa dotación de abrigo, a través da creación dunha nova dársena na que se investiron 12 millóns de euros. A Consellería do Mar seguirá avanzando neste compromiso coa licitación nos vindeiros meses das obras de construción de pantaláns para 4ª lista (embarcacións mexilloeiras). Neste caso, proxéctanse 139 prazas de amarre para esloras comprendidas entre os 12 e 22 metros. Así mesmo, proxéctase a instalación dun dique flotante de 5 metros de anchura que se situará na parte máis exposta da dársena. Este proxecto técnico está xa rematado e sairá a licitación nos vindeiros meses cun orzamento de preto de 7 millóns de euros.

Recuperacións prezos nas lonxas

Nesta visita ó Barbanza a Conselleira aproveitou para destacar a súa satisfacción ó ver a recuperación dos prezos do peixe e marisco nas lonxas, proba delo é o bo prezo acadado polo polbo e a nécora nos primeiros días de apertura da campaña.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.