Os badéns instalados recentemente na nova rotonda construída este ano no paseo de As Carolinas están causando un aluvión de queixas en Ribeira. Entre os motivos atópanse a altura excesiva dos pasos elevados e a falta de sinalización. De feito, foron moitos os vehículos que sufriron danos na parte baixa das carrocerías. Por esta razón, Portos de Galicia iniciou hoxe as obras necesarias para reducir a altura dos badéns ao ser conscientes os técnicos de que é superior á permitida.
A altura máxima legal non pode superar os 10 centímetros, mentres que os deste vial suman 11 centímetos cada un. Ademais, o feito de que non se atopen pintados agrava a situación, xa que ao non aprecialos con suficiente antelación non hai tempo para reducir a marcha.
Do que si se dispón nesta avenida é dunha sinal vertical que anuncia a presenza de badéns, aínda que esta indicación non resulta suficiente ao tratarse dun tramo de estrada con numerosas modificacións no último ano.
https://www.youtube.com/watch?v=n3wv07SZEo0