Feijóo celebra a incorporación de Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que hoxe é unha data sinalada para a área metropolitana de Vigo. Considera que a incorporación da cidade ao Plan de Transporte Metropolitano é unha boa nova para a área viguesa, para Galicia e para a política.

A respecto disto sinalou que os case medio millón de veciños da área de Vigo, terán coa inclusión da cidade olívica no Plan, uns aforros medios de ata 1.000 euros anuais no caso dos usuarios máis frecuentes. Así mesmo, lembrou que antes de dita incorporación xa se expediran 35.000 tarxetas do Plan de Transporte Metropolitano, tendo amparado máis de 3 millóns de desprazamentos nos últimos 15 meses e agardando que esas cifras se multipliquen a partir de agora.

Unhas vantaxes que se consolidan e supoñen pechar o círculo da mobilidade nesta área, despois de que a maioría dos grandes proxectos se atopen rematados ou en marcha, desde a estación intermodal ata a ampliación da Ponte de Rande ou a Autovía do Morrazo. Pero tamén, mediante a adopción de medidas por parte do Goberno galego como, por exemplo, as bonificacións da peaxe da AP-9 ou a decisión de que as liñas interurbanas sexan gratuítas para os menores de 18 anos.

Feijóo agradeceulle ao Concello de Vigo a súa decisión de incorporarse finalmente ao Plan, seguindo o exemplo dos outros 12 concellos que xa estaban incluídos. Segundo precisou, os cidadáns practicaban desde hai moito tempo o transporte metropolitano e non había razón para non facilitar os vínculos xa consolidados entre eles.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.