O 9 de xullo corre a favor da Cruz Vermella en Noia

Unha carreira solidaria convida ás familias da Comarca a correr a favor da Cruz vermella o próximo 9 de xullo. Baixo a organización do banco Santander a carreira partirá da Rúa de Galicia, agárdase a participación de uns 500 corredores en todas as categorías.

O presidente da cruz vermella agradeceu que se destinen os beneficios para esta entidade, xa que irán destinados ó plan de emprego da organización.

A cruz vermella colaborará co dispositivo sanitario e coa organización de actividades de ocio para os rapaces e erapazas que participen nesta actividade. A carreira realízase dentro da nova estratexia establecida polo banco Santander de impulso ó deporte local.

Dende a entidade bancaria fan un chamamento á participación dos rapaces e rapazas, para os que se van realizar interesantes actividades, co fin de que desfruten dun dia de festa en familia. As probas para as categorías inferiores, a partir de 4 anos comezan as 8, e para os maiores, a partir de 16 anos comezan ás 21:30.

Os trofeos consisten en medallas de bronce, prata e outro para os tres priemiros en cada categría masculina e feminina. A inscripción está aberta ata o 7 de xullo ás 00:00 na páxina web, www 1 2 3 acorrer.es, 5 euros para os adultos e 1 para os nenos e nenas. A recollida de dorsais de 4 a 7 no claustro da casa consistorial.

https://www.youtube.com/watch?v=dsNeFTSQs4c

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.