O Goberno local de Noia reafirma a súa aposta polos deportes coa intervención nas instalacións deportivas. Por iso atópase ultimando os derradeiros detalles no Agustín Mourís, casa do Noia Portus Apostoli. O equipo afrontará a súa estrea na Liga Nacional de Fútbol Sala cunha pista ampliada e con máis afección na bancada grazas aos traballos efectuados pola Administración local.
O CONCELLO DE NOIA ULTIMA OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO NO AGUSTÍN MOURÍS ANTES DA ESTREA DO NOIA PORTUS APOSTOLI NA PRIMEIRA DIVISION DO FUTSAL NACIONAL

