O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Goberno galego leva xa executado máis do 80 % dos 1.300 millóns de euros de fondos estruturais correspondentes ao período 2014-2020, unha porcentaxe que, asegurou, supera o 95% se inclúense os “fondos executados e os comprometidos”. Ademais, a esta cantidade hai que engadir outros 440M € do fondo REACT destinados a reparar os danos económicos e sociais provocados pola COVID-19.
RUEDA DESTACOU QUE A XUNTA EXECUTOU MÁIS DO 80% DOS 1.300 MILLÓNS DE EUROS DE FONDOS ESTRUTURAIS DO PERÍODO 14-20.

