Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Santiago de Compostela veñen de esclarecer dous incendios forestais intencionados que se rexistraron entre o 5 e o 14 de agosto no concello da Pobra do Caramiñal nos que se calcinaron un total de 3.600 metros cadrados de superficie arborada. Os lumes foron provocados en días diferentes preto dunha área recreativa, localizada nunha carballeira, un a cada lado do camiño e aproveitando a dirección do vento para conseguir a propagación efectiva das lapas.
A POLICÍA AUTONÓMICA ESCLARECEU DOUS INCENDIOS INTENCIONADOS NO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

